Pontón reclama o desenvolvemento industrial, a mobilidade metropolitana e as infraestruturas de Ourense

A portavoz do BNG visitou a factoría de UNVI, empresa especializada na fabricación e equipamento de autobuses que aposta pola mobilidade eléctrica e por fomentar unha mobilidade que ten en conta o cambio climático

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional, Ana Pontón, reafirmou o compromiso do BNG con Ourense, pondo o foco na industria, as infraestruturas e a mobilidade, tres aspectos "prioritarios" para o desenvolvemento da cidade e do conxunto da provincia.

Así o avanzou Pontón tras a primeira reunión do 'goberno alternativo' co que o BNG busca "dar réplica ao Executivo do PP", unha fórmula, explican, "inspirada nos gabinetes na sombra da tradición parlamentaria inglesa". Este 'Executivo' celebrou a súa primeira reunión de traballo en Ourense, con responsables municipais, locais e provinciais.

"Queriamos que a primeira visita fose a Ourense porque este país necesita políticas de reequilibrio territorial e frear a tendencia dos últimos anos de abandono e falta de investimentos", explicou.

Un compromiso que concretou nunha axenda propia "asentada" sobre dous alicerces fundamentais, "o desenvolvemento económico e o impulso industrial", e a posta en marcha de "políticas públicas de benestar que melloren a calidade de vida das persoas".

Nesta liña, a portavoz nacionalista avanzou que promoverán no Parlamento a creación da Mesa pola Industria de Ourense, "unha ferramenta para desenvolver unha folla de ruta para o futuro industrial" e que integre a todas as administracións e a todos os actores implicados.

A líder nacionalista tamén apuntou ás infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias, como segunda gran prioridade, polo que defendeu a mellora do acceso ao polígono de San Cibrao desde a A-52 e que este parque industrial teña unha estación ferroviaria de mercadorías, unha proposta que "ten o respaldo unánime da sociedade ourensá, pero que desde as administracións non se atende". Por último, animou a avanzar na mobilidade e na conexión por transporte público, empezando polo desbloqueo, "dunha vez por todas", do transporte metropolitano.

"Estamos en 2024 e non podemos seguir permitindo que un dos maiores polígonos como é o de San Cibrao non teña transporte público", censurou, referíndose ademais ás 9.000 persoas que se desprazan diariamente desde a cidade.

VISITA A UNVI E AIXIÑA

Antes da reunión, Pontón visitou a factoría de UNVI, empresa especializada na fabricación e equipamento de autobuses que aposta pola mobilidade eléctrica e por fomentar unha movilidadque ten en conta o cambio climático.

"UNVI demostra como desde Ourense se pode desenvolver tecnoloxía punteira e unha nova mobilidad que aposte por autobuses eléctricos", aseverou. A líder nacionalista tamén estivo nas instalacións de Aixina, unha empresa de iniciativa social e sen ánimo de lucro que cualificou de "referente" no ámbito da economía social.

A este respecto, Pontón indicou que a da economía social é outra das áreas que o BNG quere impulsar, apostando por incrementar a reserva de contratos que teñen este tipo de entidades, moi especialmente as que son sen ánimo de lucro.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita UNVI en Ourense. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita UNVI en Ourense. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Menos BNG

jajajaja non me fagades rir. Esta tia non sabe ni que é a industria... os do NON a todo.